O novo iPhone económico parte dun prezo de 709 euros
mércores, 19 de febreiro do 2025
A finais de decembro Apple tivo que retirar das tendas europeas os seus smartphones con cargador Lightning, ou sexa, os iPhone 14, 14 Plus e SE, deixando o seu catálogo sen os teléfonos máis económicos.
Mentres estabamos á espera de que chegase un renovado iPhone SE, filtrouse a posibilidade de que o teléfono económico da compañÃa da mazá mudase de nomenclatura para pasar a chamarse iPhone 16e, e finalmente hoxe saÃmos de dúbidas coa presentación deste novo smartphone que confirmou os rumores.
O iPhone 16e supón un salto de deseño, de xeito que agora temos un móbil moi semellante ao iPhone 14, pero mantendo unha única cámara traseira, e adoptando un procesador A18 e cantidade de RAM dabondo para poder ser compatible con Apple Intelligence, tecnoloxÃa que está previsto que chegue en probas a Europa a primeiros do mes de abril.
Outra novidade interesante é que o iPhone 16e integra o novo módem C1, que é o primeiro deseñado por Apple (o que pode non ser algo positivo, de aà que o experimento se realice partindo do móbil máis económico da compañÃa) e tamén incorpora compatibilidade coas mensaxes de emerxencia por satélite.
Loxicamente estamos ante un móbil con conector de carga USB-C, que tamén incorpora Face ID e o botón de acción que facilita lanzar rapidamente a acción ou aplicación que definamos. E a nivel de baterÃa promete estar por diante do resto de móbiles da compañÃa co mesmo tamaño de pantalla (con até 26 horas de reprodución de vÃdeo) aÃnda que coa desagradable sorpresa de que a súa tecnoloxÃa de carga sen fÃos aparte de ser lenta (7,5 watts) non conta con compatibilidade con MagSafe.
A nivel de cámaras Apple está a facer unha publicidade pouco honesta, pois o iPhone 16e ten unha cámara traseira de 48 MpÃxeles que describen como cámara Fusion, asegurando que vale por dúas por poder realizar fotografÃas de 48 MpÃxeles co seu grande angular ou de 12 MpÃxeles realizando un zoom óptico x2 (o que basicamente é realizar un recorte da imaxe anterior). Deixando a un lado este engano por parte de Apple, estamos ante unha cámara de boa calidade, capaz de gravar vÃdeo 4K con Dolby Vision.
Pero o grande problema do sucesor do iPhone SE é que o teléfono económico de Apple que se lanzou en 2022 tiña un prezo de entre 529 e 699 euros, e o novo iPhone 16e custa entre 709 e 1.089 euros, o que supón un incremento de prezo totalmente desproporcionado, especialmente se temos en conta que en Amazon podemos atopar un iPhone 14 novo por 599 euros. O salto de prezo que hai que dar para poder gozar de Apple Intelligence semella excesivo, especialmente se temos en conta que a IA de Apple aÃnda está nun estado moi inmaduro, de aà que non falten voces que aseguran que no iPhone 16e «o e é de estafa», deixando caer que estamos ante un produto que basicamente se introduce no catálogo para establecer un prezo áncora, e que os consumidores tendan asà a dar o salto a modelos aÃnda máis caros.
As reservas para o iPhone 16e abriranse o vindeiro venres, comezando a estar dispoñible nas tendas o venres 28.
VÃdeo promocional do iPhone 16e