O programa Primare Lonxas 4.0 xa completou a dixitalización de 14 rulas
martes, 7 de xaneiro do 2020
As
lonxas de Ferrol, Fisterra, Camariñas, Cariño, A Pobra do
Caramiñal, Porto do Son, Mugardos e Barallobre na provincia de A
Coruña, e Aldán, A Guarda, Baiona, Vilaxoán, Vilaboa e Arcade en
Pontevedra, xa dispoñen da plataforma tecnolóxica única que
integra os sistemas de xestión, poxa, comercialización e emisión
de notas de venda.
Son as catorce primeiras lonxas nas que se completa a iniciativa
Primare Lonxas 4.0 para a dixitalización das rulas, impulsada pola
axencia AMTEGA e a ConsellerÃa do Mar.
Segundo informaron
as dúas entidades, dende o arranque da nova solución xestionáronse
na plataforma máis de 38.000 lotes, que supuxeron mais de 1.330
toneladas de produtos do mar por un importe de venda superior aos 3,3
millóns de euros.
Tamén engadiron que este ano que vén ce
comezar está previsto continuar estendendo a implantación do
sistema e continuar traballando no desenvolvemento de novas
funcionalidades e na mellora das infraestruturas e equipamento
tecnolóxico.
Solucións de comercialización e xestión
Respecto
das vantaxes postas en xogo coa súa transformación, as lonxas nas
que se completou a dixitalización teñen acceso nesta plataforma a
unha nova solución de comercialización que lles permite obter
información de xeito automático da identificación, clasificación
e pesada das capturas descargadas na lonxa para a súa poxa nas
distintas modalidades e emitir os documentos relacionados coa
comercialización dos produtos.
O novo sistema de xestión da
actividade da lonxa e da confrarÃa facilÃtalles a tramitación da
contabilidade, da facturación, do pago de impostos coas distintas
administracións e a xestión social da entidade (censo, información
de interese, etc.).
A iniciativa Lonxas 4.0 abrangue tamén a
dotación de equipos tecnolóxicos como pantallas de poxa,
servidores, smartphones, equipamento que facilite a
comunicación con básculas e etiquetadores, etc.