O vindeiro venres Betabeers despide o ano en Compostela
luns, 10 de decembro do 2012
O vindeiro venres o serie de encontros baixo a marca Betabeers
Galicia chegan á súa 5ª edición no Centro de
Novas TecnoloxÃas de Galicia, enclave elixido para que este encontro de
desenvolvedores de aplicacións móbiles e web despedirán o ano cunha sesión formal
que terá lugar de 19:15 a 21:00 horas, tras a que trasladarán a xuntanza ao Restaurante de Carmen, no nº 9 da
rúa Arribadas (Conxo), para favorecer o networking
entre os asistentes.
Este V
Betabeers Galicia comezará cun obradoiro de desenvolvemento de aplicacións
para o WebTV de Blusens a cargo de Pablo Rodiz, ao que seguirán un par de
presentacións de proxectos: por unha banda, Adrián
Moreno Peña vai presentar PlotSpot,
un proxecto desenvolvido por Zadia Software do que demos conta no
seu dÃa; e David Chaves
presentará o Grupo de Usuarios Lean/Kanban de Galicia (GaGULeKa) cun micro
obradoiro de Push vs Pull que,
utilizando o xogo dos avións,
demostrará as diferencias entre os sistemas de produción push e pull.
