OpenAI non pode empregar temporalmente a marca io
luns, 23 de xuño do 2025

- O anuncio da adquisición de io realizouse cun vÃdeo no que se presenta a Sam Altman e Jony Ive como un par de amigos que decidiron colaborar
Hai un mes OpenAI publicou un vÃdeo no que podiamos ver a Sam Altman e Jony Ive dando conta da adquisición de io por parte da compañÃa responsable do ChatGPT, adiantando que estaban a preparar produtos revolucionarios que integrarÃan a IA da compañÃa.
A fichaxe dun dos deseñadores de referencia de Apple, xunto con outros profesionais chegados da compañÃa da mazá proxectou grande atención nesta operación valorada en 6.500 millóns de dólares, polo que nas últimas horas sorprendeu que toda esa información desaparecese da súa páxina web, de YouTube e de varias redes sociais, espertando rumores sobre a posibilidade de que a colaboración entre ambas compañÃas estivese en perigo, pero realmente as causas serÃan outras.
Resulta que, como reza a propia páxina web de OpenAI, a información sobre a compañÃa de Jony Ive non está dispoñible temporalmente por mor dunha reclamación presentada pola compañÃa iyO, que considera que a súa marca colide coa de io.
Unha xuÃza federal prohibiu temporalmente a OpenAI o uso da marca io, mentres non se resolve este conflito de marcas, pero este conflito xudicial non afectarÃa de ningún xeito á integración de io en OpenAI para facer realidade produtos baseados en IA que iniciará a súa fase comercial o ano que vén.
