Os móbiles de R poderÃan deixar Vodafone para empregar a rede de Orange
luns, 25 de xaneiro do 2016
Segundo publica o diario Expansión na súa edición impresa, a
compra de R por parte de Euskaltel poderÃa facerse notar en breve bastante nun
dos seus servizos de máis éxito en Galicia, a telefonÃa móbil, xa que a
cableira estarÃa a negociar con Orange o cambio de cobertura, deixando atrás a
Vodafone, como xa pasou en 2014 cos clientes de Euskaltel.
Ao parecer o cambio de Vodafone a Orange é inevitable, sendo a grande incógnita
a data na que o cambio se farÃa efectivo, o que probablemente tradúzase nun
cambio de tarxetas SIM e pouco máis, aÃnda que cómpre lembrar que mudar de
compañÃa a través da que se fai uso da telefonÃa móbil pode ter consecuencias
na calidade do servizo en casos puntuais, xa que pasan a empregarse antenas de
telefonÃa móbiles diferentes, o que nuns casos suporá unha mellora de cobertura
e noutros un empeoramento.
AÃnda que a priori poderiamos pensar que pasar a Orange supón un empeoramento
da cobertura, cómpre lembrar que R leva varios anos cun bloqueo nas conversas con Vodafone para poder ofrecer aos seus
clientes conectividade 4G, situación que con Orange non acontecerÃa (de feito, Euskaltel
xa ofrece 4G), de aà que o cambio de compañÃa poderÃa supor a activación do tan
desexado servizo de telefonÃa móbil de nova xeración.
