
O obxectivo destes apoios é facilitar a consecución de equipamentos avanzados que convertan os nosos centros, xa de por si referenciais, en acubillos de investigación excelentes a nivel internacional. Tamén se busca insuflar novos azos ás súas capacidades de transferencia, ou sexa, de levar as súas importantes contribucións ás empresas e, en última instancia, a nós os cidadáns.
Os beneficiarios destas axudas son os centros tecnolóxicos e de apoio á innovación galegos inscritos no rexistro estatal de centros regulado polo Real Decreto 2093/2008 de 19 de decembro. Os proxectos de adquisición de infraestruturas que presenten deben ter un orzamento mínimo de 100.000 euros, sen límite máximo, e poden presentar máis dunha solicitude por centro. Valorarase de xeito preferente aquelas solicitudes que presenten un plan de explotación da infraestrutura conxunto con outros centros, co obxectivo de fomentar a cooperación e o carácter aberto.
O tipo de infraestruturas que se poden adquirir ao abeiro desta axuda son equipamento científico e técnico. O importe máximo de cada axuda poderá chegar ao 50% dos custos subvencionables, sendo a dotación total desta convocatoria de 6,5 millóns de euros, co-financiados a través do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020.
Os nosos centros tecnolóxicos disporán de novas axudas para optimizar equipamentos e capacidade de transferencia
Compartir Este Artigo

