Os responsables de Microsiervos estrean un libro de divulgación científica e tecnolóxica
xoves, 13 de maio do 2021
Os responsables do blog Microsiervos, Álvaro Ibáñez Alvy
e o coruñés Javier Pedreira Wicho, escribiron un interesante libro
ilustrado por Teresa Cebrián e editado
por Montena que hoxe chega ás librarías. Se suponía que esto era el futuro
é unha obra de divulgación científica e tecnolóxica, que dun xeito sinxelo e
divertido percorre numerosos temas que constrúen a nosa realidade actual e que
dificilmente poderían terse presaxiado no pasado, de aí o título da obra.
O libro fai un repaso histórico da informática e da Internet, desbotando
numerosos mitos polo camiño, e aproveitando para reivindicar o papel das
mulleres na informática e insistir na necesidade de formar á mocidade no uso da
TIC. A intelixencia artificial, a privacidade, os comportamentos na Internet e
mesmo as lendas urbanas son materias que se abordan no que aos ámbitos máis
tecnolóxicos se refire, pero Alvy e Wicho tamén da era espacial, das pseudociencias
e incluso da pandemia que estamos a vivir, de xeito que é unha lectura que pode
interesar a un público moi amplo, sendo especialmente recomendable para a
mocidade que queira introducirse nos temas abordados.
Está previsto que o venres 21 o libro preséntese na libraría coruñesa Alita Cómics, acto que retransmitirase
a través de streaming para facilitar o seu seguimento con seguridade.