Os servizos de subscrición de videoxogos de Microsoft dan un paso de xigante
luns, 10 de xuño do 2019
A
feira E3 comeza con moi bo pé, especialmente no que se refire á estrea de
servizos que realmente revolucionan o sector, como é o caso das subscricións a
xogos que ofrece Microsoft, e que, pese a terse adiantados detalles sobre estes
plans, o que non se coñecÃan eran as súas polÃticas de prezos, que son as que
sen dúbida dispararán a contratación dos servizos que poden marcar o futuro dos
videoxogos.
Temos asà que o anuncio
de que o servizo de subscrición de xogos Game Pass, propio de Xbox One,
chegarÃa a PC, súmase á posibilidade de contratar
conxuntamente Xbox Game Pass de consola con Xbox LIVE Gold, e a combinación
dos 3 servizos, Xbox Game
Pass Ultimate, en vez de ter un prezo mensual de preto de 27 euros custará
finalmente 12,99 euros/mes, cun detalle moi especial: será posible darse de alta
por 1 euro, activación que converterá até 36 meses dalgunha das subscricións
actuais nunha subscrición Ultimate, ou sexa, que quen teña contratado o servizo
básico poderá gozar dos tres servizos á vez durante até 3 anos por só 1 euro
adicional, o que disparará o número de subscritores que poderán gozar dun catálogo
de máis dun cento de xogos para Xbox One e PC, asà como de xogo en liña a un
prezo sen competencia.
Pero os usuarios que non teñan consola tamén poderán gozar dunha
versión especÃfica de Xbox Game Pass, cun acceso ilimitado a máis dun cento
de xogos para PC entre os que estarán os tÃtulos de Xbox Game Studios o mesmo
dÃa do seu lanzamento, e que custarÃa 9,99 euros/mes, aÃnda que durante a beta
cobrarán só 3,99 euros/mes e, para animar aos usuarios a probar esta nova
experiencia que moitos define como «o Netflix dos videoxogos» só terán que
pagar 1 euro.
Con estas atractivas ofertas Microsoft confÃan en atraer a moitos xogadores de
todo o mundo, tanto de Xbox One como con ordenadores persoais con Windows 10, a
subscribirse ao seu servizo de videoxogos, creando un hábito que busca ser o equivalente
no mundo dos videoxogos do que Spotify e Netflix supuxeron á música e ao cine,
e a resposta do público parece dicirnos que vai ser asÃ.