Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os videoxogos independentes terán unha grande presenza en ExpOtaku
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

Os videoxogos independentes terán unha grande presenza en ExpOtaku

Marcus Fernández
Publicado: 22/05/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

eoac2025.jpgA vindeira fin de semana ExpOtaku volve ao recinto feiral de EXPOCoruña xuntando unha vez máis a milleiros de seareiros do anime, o cosplay e os videoxogos, de xeito que os afeccionados ao lecer electrónico poderán gozar de postos de xogos libre de xogos de baile, Nintendo Switch, PlayStation VR, PS4, PS5, Xbox One, Xbox Series S e consolas clásicas, así como participar en torneos de numerosos xogos (como Pokémon Escarlata y Púrpura, Naruto Shippuden Ultimate Ninja Storm 4: Road to Boruto, Tekken 8, Mario Kart 8 Deluxe, FC 25, Super Smash Bros. Ultimate ou Street Fighter 6, entre outros).
Pero nesta edición cómpre salientar que hai moita outra presenza do sector dos videoxogos que fuxe do mainstream, como é o caso da zona de deseño e desenvolvemento de videoxogos na que están presentes CESUGA e a Universidade da Coruña, e, moi especialmente unha zona dedicada aos desenvolvedores independentes, que é a de maior participación na historia do evento, e na que participan Axóuxere Games (cos xogos Colours e Trap Ball Adventure), Conxuro Studio (con Mr. Boss Rush, Neboas Hut e Silly Car Game), Cult of the Cringe (con My Cutie Baby Alien From Space Demands Cute Clothes Or Else…) , Devmo Games (con The Pet Squad), Eclíptika Collective (Purgatory Hoops), Heli__Berry (con Dimension L), Koffi Games, Michiños Fofiños (con Cartas á Lúa), MoriBa (con CPU Inferno), PingaSoft (con Lute Dungeon), Placebo Pleasure (con Songs of Sorrow), Reference Games (con Xeno Rescue), Team Kaulu (con Renegade Jammer), Under Castle (Gelatina is hungry), ViJuDa (con Super Woden GP2 e Super Woden: Rally Edge) e Virtual Seed (con After Juice: Animal Disco Mafia) e as asociacións FemDevs e Videoxogo.gal.
Tamén estarán presentes no encontro aos integrantes do Project Droid, que empregan a robótica de xeito lúdico e didáctico, con diversas actividades, atraendo ao público mediante creacións baseadas en obras de ficción como Star Wars, Wall·E ou Jurassic World.



Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

Cyberleek publica o executable de GTA 6 para Xbox e abre a porta á súa posible recompilación en PC

23/11/2026
VIDEOXOGOS

GTA VI facturou 3.790 millóns de dólares o primeiro día

20/11/2026
VIDEOXOGOS

Grand Theft Auto VI ve a luz como un dos xogos mellor valorados da historia

18/11/2026
VIDEOXOGOS

Star Wars: Galactic Racer incorporará carreiras locais a pantalla partida

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?