OwnFone comercializa móbiles personalizados no Reino Unido
luns, 27 de agosto do 2012- Os terminais de OwnFone poden resultar moi prácticos para controlar o uso do móbil que fan os cativos
Pensando na diversidade de usuarios da telefonÃa móbil que
temos na actualidade, dende Reino Unido lanzan unha iniciativa empresarial moi
interesante, OwnFone, que é un servizo de
personalización de móbiles pensando principalmente en nenos e xente maior, xa
que os terminais veñen configurados para chamar só a unha cantidade limitada de
destinos, o que simplifica enormemente o seu uso.
Os móbiles de OwnFone pode personalizarse para chamar a 2, 4, 8 ou 12 números
distintos, aos que chamar con só premer sobre o seu nome, contando tamén con
botóns para responder a unha chamada ou rematar a chamada actual, controlar o
volume ou incluso para chamadas de emerxencia.
- Con OwnFone os maiores poden ter teléfonos móbiles moi sinxelos para comunicarse coa súa familia máis directa
Ao ser tan sinxelo estamos ante
un móbil cunha autonomÃa moi elevada (pode reter a súa carga ata un ano no caso
de acenderse só cando se queiran realizar chamadas) e en breve teñen pensado
permitir a personalización do seu frontal con texto en Braille ou con
fotografÃas que faciliten a identificación dos contactos.
Polo momento estes produtos só poden adquirirse no Reino Unido asociados a un
servizo telefónico, custando o terminal personalizado 55 libras esterlinas e
con tarifas que parten das 7,5 libras ao mes. De ter unha boa aceptación
comercial non serÃa de sorprender que outras compañÃas lanzasen servizos
semellantes noutros paÃses.
- En breve poderán encargarse móbiles en Braille ou con fotografÃas impresas
O servizo de OwnFone explicado en vÃdeo