Pablo GrandÃo explicará as chaves das boas notas de prensa no sector dos videoxogos
venres, 15 de febreiro do 2019
A sede da European Business Factory (EBF) en EXPOCoruña acollerá
os vindeiros dÃas 22 e 23 de febreiro unha nova edición do seu curso de certificación Scrum Manager,
co que obterase certificación oficial, asà como acceso vitalicio como membro a Scrum Manager, documentación adicional,
manual oficial e experiencia práctica e real para poder implantar a axilidade nunha organización.
Esta actividade formativa para profesionais con experiencia en metodoloxÃas áxiles
e do sector TIC estará precedida o dÃa 21 ás 19:00 horas por un relatorio de
Pablo GrandÃo, director de Vandal, un dos medios de referencia do sector dos
videoxogos en fala hispana, quen achegará as claves para facer notas de prensa
interesantes dende o punto de vista da prensa de videoxogos para asà conseguir
repercusión.
Esta charla dunha hora de duración será de especial interese para estudios de
desenvolvemento que están a dar os seus primeiros pasos, asà como para
estudantes de desenvolvemento de videoxogos, mercadotecnia e outros ámbitos
afÃns ao emerxente sector do lecer electrónico.
Os interesados en acudir a este relatorio de Pablo GrandÃo poden inscribirse de balde por correo electrónico.