Pepephone estrea unha aplicación para evitar as chamadas telefónicas comerciais molestas

mércores, 3 de agosto do 2022 Marcus Fernández

Moitas marcas de móbiles integran un servizo de identificación de chamadas comerciais non desexadas, o que tamén axuda considerablemente a evitar calotes, e para os que non teñan un servizo incluíndo no seu dispositivo sae ao rescate Pepephone, operador de telecomunicacións que ofrece a calquera usuario (aínda que non sexan clientes) a nova aplicación Pepeescudo, que pode descargarse de balde para Android e para iOS.
Unha vez instalada a aplicación de Pepeescudo e concedidos os permisos que precisa para funcionar, poderá identificar quen chama, bloquear chamadas molestas e reportar números fraudulentos; servizo que funciona a través de Hiya (compañía que tamén é a provedora de varios fabricantes de móbiles). Estamos ante unha ferramenta que resulta moi práctica para identificar chamadas comerciais molestas e para evitar malas experiencias con ofertas enganosas.

PUBLICIDADE