
O director xeral de Pepephone, Pedro Serrahima (a quen hai pouco puidemos ver en Compostela), declarou que “os nosos clientes preguntan todos os días dende hai 9 meses polo 4G, e no nos contrato pon que o debemos ter”, polo que sentíronse forzados a adoptar esta mellora tecnolóxica, atendendo en boa medida ao feito de que un terzo dos clientes de Pepephone teñen iPhone, e boa parte do resto gozan tamén de terminais de última xeración, polo que quixeron evitar a fuga de usuarios por mor de no poder ofrecerlles conectividade LTE.
O cambio de Pepephone a Yoigo permitirá unha mellora nas tarifas, e dende a compañía de lunares aseguran que coas novas conexións de datos continuarán sen limitar o uso de aplicacións de VoIP, mantendo así unha oferta máis atractiva que a de moitos dos seus competidores.
Queda agora por ver se esta decisión de Pepephone forza aos operadores tradicionais a abrir o 4G aos OMV para evitar unha fuxida dos mesmos a Yoigo para non perder competitividade fronte a Pepephone, que por algo lidera o seu segmento de mercado (superando incluso á filial de Telefónica, Tuenti).
ACTUALIZACIÓN: Serrahima detalla nunha entrevista que a migración a Yoigo podería comezar no mes de xuño.
Pepephone muda os seus servizos móbiles a Yoigo para poder ofrecer 4G
Compartir Este Artigo
