Phil Spencer deixa Microsoft tras case catro décadas
venres, 20 de febreiro do 2026
O histórico directivo de Xbox, Phil Spencer, deixa Microsoft tras preto de 40 anos na compañÃa. A súa saÃda, comunicada oficialmente polo conselleiro delegado Satya Nadella, supón unha reestruturación de calado na división de videoxogos do xigante tecnolóxico. Xunto a el tamén abandona a empresa a presidenta de Xbox, Sarah Bond.
A nova directora executiva de Microsoft Gaming será Asha Sharma, ata o de agora responsable de produto en CoreAI e con experiencia previa en compañÃas como Meta e Instacart. Pola súa banda, Matt Booty é promovido a vicepresidente executivo e director de contidos (Chief Content Officer), reforzando o peso da estrutura de estudios internos.
Unha transición planificada
Segundo explicou Nadella nun memorando interno, Spencer tomara a decisión de retirarse no outono de 2025, iniciando desde entón un proceso de planificación da sucesión. O directivo permanecerá ata o verán nun papel asesor para facilitar a transición.
«Ao longo de 38 anos en Microsoft, incluÃndo 12 liderando Gaming, Phil axudou a transformar o que facemos e como o facemos», sinalou Nadella, quen destacou a expansión do negocio cara a PC, móbil e xogo na nube, asà como a integración de grandes adquisicións.
Spencer entrou en Microsoft como bolseiro en 1988 e desenvolveu a súa carreira en produtos como Encarta ou Microsoft Money antes de incorporarse á división Xbox en 2001. En 2014 asumiu o liderado global da marca, supervisando lanzamentos como Xbox Series X|S e a consolidación de Xbox Game Pass.
Tamén estivo no centro das operacións corporativas máis ambiciosas da compañÃa no sector, incluÃndo a compra de Mojang (Minecraft), ZeniMax Media e Activision Blizzard.
A saÃda de Sarah Bond
Sarah Bond tamén deixa Microsoft para «comezar un novo capÃtulo». Spencer agradeceu o seu papel nun perÃodo definido por desafÃos estratéxicos clave, como a expansión de Game Pass, o impulso do xogo na nube e a integración de Activision Blizzard.
Bond asegurou que a compañÃa queda «ben posicionada para o que vén» e que continuará como asesora especial durante a transición.
Tres prioridades para unha nova etapa

- Asha Sharma e Matt Booty son os novos máximos responsables de Xbox
Na súa primeira mensaxe como CEO, Asha Sharma fixou tres compromisos estratéxicos: grandes xogos, o regreso de Xbox e o futuro do xogo.
No primeiro eixe, subliñou que «todo comeza con grandes xogos», apostando por fortalecer franquÃas icónicas, asumir riscos creativos e explorar novas categorÃas.
En segundo lugar, reivindicou «o regreso de Xbox», cunha renovada aposta pola consola como elemento identitario da marca, sen renunciar á expansión en PC, móbil e nube. «Xbox debe sentirse fluÃdo e inmediato en todos os dispositivos», apuntou.
Finalmente, abordou o «futuro do xogo» nun contexto marcado pola evolución dos modelos de negocio e da intelixencia artificial. Sharma comprometeuse a non priorizar a eficiencia a curto prazo nin inundar o ecosistema con contidos xerados sen criterio. «Os xogos son e seguirán sendo arte, creada por humanos», afirmou.
Un cambio xeracional nun momento clave
Satya Nadella definiu o momento como decisivo no 25 aniversario de Xbox, destacando que Microsoft Gaming supera os 500 millóns de usuarios activos mensuais e figura entre os principais editores multiplataforma do sector.
Coa combinación de experiencia en plataformas dixitais por parte de Sharma e a traxectoria creativa de Booty, Microsoft busca abrir unha nova etapa nunha industria en rápida transformación, na que conflúen a expansión multiplataforma, os servizos por subscrición e a integración da intelixencia artificial nos procesos de desenvolvemento.
