Photos Companion facilita a transferencia de fotos e vídeos do móbil ao PC

luns, 19 de febreiro do 2018 Marcus Fernández

Aínda que transferir ficheiros entre o noso smartphone e o noso ordenador persoal debería ser algo cada vez máis doado, é habitual ter que empregar solucións pouco óptimas como empregar pasos intermedios como utilizar o correo electrónico ou servizos de almacenamento na nube, de aí que sexa moi ben recibido un proxecto de Microsoft Garage, Photos Companion, que é unha aplicación de balde para iOS e Android que comunica a aplicación Fotos de Windows 10 do ordenador coa súa compañeira móbil, sempre que estean dentro da mesma rede Wi-Fi, para realizar unha transferencia de datos das fotografías e vídeos que indiquemos a grande velocidade.
O procedemento é bastante sinxelo, que consiste en, inicialmente, activar a importación móbil coa característica Wi-Fi na aplicación de Fotos (no apartado Vista previa da súa configuración), ir logo a Importar, para seleccionar a opción de importar do móbil a través de Wi-Fi. Para establecer logo a comunicación aparecerá un código QR en pantalla, que escanearemos dende a aplicación Photos Companion, para logo elixir os ficheiros documentos que queremos transferir, que a grande velocidade aparecerán no ordenador, evitando así o uso de cables ou de almacenamentos intemedios.

Os ficheiros enviados a través de Photos Companion recíbense a través da aplicación Fotos de Windows 10

PUBLICIDADE