PlayStation Portal permitirá xogar coa PS5 a distancia
mércores, 23 de agosto do 2023
No PlayStation
Showcase de maio Sony presentou o Project Q, unha especie de consola
portátil orientada ao xogo en streaming, asà como uns auriculares sen fÃos, e
agora estes
produtos prepáranse para o seu lanzamento, adoptando nome comercial, e
incorporan un novo accesorio: os auriculares sen fÃos de diadema.
O dispositivo orientado ao xogo remoto de PlayStation 5 serÃa PlayStation
Portal, unha pantalla LCD de 8 polgadas con resolución 1080p a 60 imaxes por
segundo que conta nos seus laterais cos elementos clave dun mando DualSense,
conseguindo asà unha completa experiencia de xogo de PS5 a distancia. Este
produto está pensado para conectarse á mesma rede Wi-Fi que a nosa PlayStation
5 e asà poder gozar dos xogos dende outros currunchos da casa, e non para gozar
do xogo na nube como poderÃa pensarse nun primeiro momento. Este curioso
trebello chegará ao mercado este mesmo ano a un prezo de 219,99 euros.
Máis interesantes son os auriculares sen fÃos de diadema Pulse Elite, que
ofrecen audio sen perda, integran un micrófono retráctil e tiran proveito da IA
para a cancelación de ruÃdo. Unha magnÃfica opción para quen queira somerxerse
máis nos xogos. Empregan tecnoloxÃa de comunicación sen fÃos de baixa latencia coa
PlayStation 5, aÃnda que tamén son compatibles con Bluetooth para poder
aproveitar os auriculares para o seu uso con ordenadores persoais e
dispositivos móbiles. Terán un prezo de venda de 149,99 euros.
Os auriculares intraurales sen fÃos Pulse Explore levarÃan un tipo de experiencia
á que estamos afeitos en dispositivos móbiles á PS5, o que pode resultar axeitado
para os usuarios que non son partidarios dos auriculares de grande tamaño,
aÃnda que as súas vantaxes tamén supoñen un prezo superior: 219,99 euros.
Nas vindeiras semanas anunciaranse as datas de lanzamento destes produtos.
- PlayStation Portal, Pulse Elite e Pulse Explore son os accesorios de PS5 dos que veñen de concretar nome e prezo