Poderemos pedir produtos de uso diario con só premer un botón
martes, 8 de novembro do 2016
Hai un par de anos Amazon estreou un
accesorio chamado Dash que facilitaba a creación de listaxes de compra
dentro do fogar para a realización de pedidos de produtos frescos, e vendo a
boa resposta ante este trebello decidiron lanzar unha versión de baixo custo e
funcionamento moi sinxelo que adopta forma de botón fÃsico e que agora chega a
España: o Amazon Dash Button.
Este novo produto para clientes Premium de Amazon consiste nun botón que venden
a 4,99 euros (reintegrando o seu prezo ao utilizalo unha primeira vez) e que
busca converter a Amazon no principal provedor de produtos de uso cotián, xa
que a intención é que coloquemos o botón xunto á lavadora, en armarios, no
cuarto de baño... para que cando detectemos que precisamos deterxente, xampú ou
papel hixiénico, premamos o botón correspondente, e tal acción dispare unha
compra en Amazon.es de xeito automático, o que fará que non esquezamos pedir
produtos do fogar que resultan esenciais para o noso dÃa a dÃa.
Se ben pode parecer un desperdicio destinar un botón a cada produto do fogar
que desexemos pedir a Amazon con frecuencia, pode resultar moi práctico no
ámbito doméstico, principalmente se queremos que calquera membro da unidade familiar
poida avisar da necesidade dun produto, para que se repoña de xeito automático
ao dÃa seguinte, e aÃnda que estes botóns véndense en modelos que aparecen
personalizados con nomes de marcas (Fairy, Ariel, Kleenex, Finish, Air Wick,
Scottex, Vileda, Durex, Gillette, Dodot, Garnier...) para que resulte doado
identificar para que serÃa cada botón, o pedido que dispara será configurado polo usuario.
Cando se recibe na casa o Amazon Dash Button, empregando a aplicación móbil de
Amazon e a conexión Bluetooth do smartphone podemos conectarnos ao pequeno
trebello, definimos o produto que queremos pedir premendo o botón e tamén
transmitÃmoslle o contrasinal do Wi-Fi da casa para que poida conectarse, de
xeito que cando logo se prema o botón realÃcese o pedido correspondente, tras o
que recibiremos un aviso. Para evitar accidentes os botóns tamén teñen unha
medida de protección: non se realizará un pedido novo premendo o botón até que
se reciba o pedido anterior (de xeito que se varias persoas detectan que é
preciso un produto impedirase a súa acumulación indesexada).
Amazon comezará a servir os Dash Button en España o vindeiro dÃa 15, pero iso
só é un produto especÃfico dentro dun servizo que vai moito máis aló, xa que tamén
están a estrear en Europa Amazon Dash Replenishment, servizo baseado na
nube que permite que os fabricantes poidan integrar nos electrodomésticos a
funcionalidade propia do Dash Button, de xeito que lavadoras, lavalouzas e
impresoras de marcas como Beko, Grundig, Kyocera, Samsung e Whirpool tamén
facilitarán a realización de pedidos para evitar quedar sen os consumibles que precisan para funcionar.
- O Amazon Dash pode pegarse na parede o pendurarse dun gancho para facilitar a súa integración no fogar