Ponte nas Ondas celebra coa UNESCO o I Dia Internacional do Patrimonio Inmaterial
mércores, 16 de outubro do 2024
A Asociación Ponte nas Ondas! (PNO) celebra este xoves 17 de outubro o primeiro Día Internacional do Patrimonio Cultural Inmaterial, proclamado pola UNESCO como complemento do Día Internacional do Patrimonio, que se conmemora o 16 de novembro, Día Internacional do Patrimonio. Será un amplo conxunto de actividades en Galicia e no Norte de Portugal para este mes de outubro (e parte do de novembro) que novamente porán o foco nas posibilidades de achegan as novas canles tecnolóxicas de comunicación para estreitar lazos entre os dous territorios irmáns da Eurorrexión arredor do seu patrimonio común.
Dende PNI e con motivo desta celebración instan á sociedade a sumarse a esta conmemoración e a “tomar conciencia sobre as expresións e manifestacións do noso patrimonio inmaterial”, chamamento estendido aos centros educativos para que “transmitan ao alumnado o valor desta cultura”.
Haberá actividades en Santiago de Compostela, Ourense, Vigo e Valença do Minho, programadas por PNO en colaboración con outras entidades de Galicia e Norte de Portugal.
Santiago de Compostela: Mes do Patrimonio
Do 17 de outubro ao 16 de novembro (en colaboración coa Universidade de Santiago, o Consello da Cultura Galega e o Concello de Santiago) .
-17 de outubro, presentación das actividades do mes e inauguración da exposición sobre os bens de PCI de España na UNESCO. Claustro de Fonseca. 12.00 hs.
Ourense: Día Internacional do Patrimonio Cultural Inmaterial
Do 17 de outubro ao 16 de novembro (en colaboración coa Universidade de Vigo e o Centro de cultura popular Xaquín Lorenzo da Deputación de Ourense)
-17 de outubro
Inauguración da exposición As imaxes do patrimonio na Facultade de Educación e Traballo Social. 12.00 hs.
Homenaxe a Florencio de Arboiro.18.45 hs:
Acto de apertura con intervencións a cargo do reitor da Universidade de Vigo e Presidente da Deputación de Ourense.
Intervención da profesora Fátima Braña Rey, sobre o significado do Día Internacional do Patrimonio Inmaterial.
Intervención do Profesor Xosé Manuel Cid, en agradecemento a Florencio de Arboiro pola súa contribución á visibilización do Patrimonio Cultural Inmaterial Galego-Portugués.
-Proxección do documental A última viaxe do afiador de Aitor Rei. 19.00 hs.
Valença do Minho (Portugal): Día Internacional do Patrimonio Cultural Inmaterial
Do 17 de outubro ao 16 de novembro (en colaboração com o Agrupamento de Escolas Muralhas do Minho e a Câmara Municipal de Vaença do Minho).
17 outubro
-11.00h – Inauguração da exposição fotográfica As imagens do Património - PNO!
-11.15h - Atuação da TUNESCE – Tuna da Escola Superior de Ciências Empresariais, IPVC Viana do Castelo.
-11.30 h/12.30h – Mesa de diálogo: Afinal o que e ... P atrimónio C ultural I material?...
Intervenientes: Alvaro Campelo (antropologo, professor da Universidade Fernando Pessoa), autor entre outras da obra Lendas do Vale do Minho), Augusto Canario (musico e portador do património imaterial galaico-português), Maria de Lourdes Carita (professora e socia-fundadora da Associação Cultural e Pedagógica Ponte...nas ondas!) e Arlindo Sousa (vereador da Cêmara Municipal de Valença do Minho).
Vigo
Do 15 ao 16 de novembro
-15 de novembro: Celebración do Día Internacional do Patrimonio para os centros educativos
Acto de entrega de premios do 7o Certame As imaxes do patrimonio. Auditorio do Centro Cultural e Veciñal de Valadares. Vigo. 12.00 hs.
Coa actuación de Uxía Lambona e a Banda Molona.
-16 de novembro: Ponte de Patrimonio. Gala do patrimonio inmaterial galego-portugués. Auditorio Martín Códax do Conservatorio Superior de Música de Vigo.20.30 hs.