Presentada esta tarde en Santiago as solucións que Samsung ofrece para os centros de ensino
luns, 26 de maio do 2014
Da man
de FOGA, a empresa galega achegou a
Samsung School a distintos colectivos relacionados co ensino. Trátase dunha
solución centrada na aprendizaxe diaria dos estudantes para que obteñan os
mellores resultados.
Con
ampla experiencia en tablets e no desenvolvemento de software, a multinacional
coreana xa implementou a súa solución en colexios e chega agora a España de man
de FOGA.
A
tecnoloxÃa Samsung School pretende manter aos estudantes atentos, fomentar unha
experiencia positiva de aprendizaxe, axudar aos profesores a prestar atención
personalizada a aqueles alumnos que o necesitan e permitir unha mellor xestión
da aula. O proxecto involucra aos estudantes con ferramentas
tecnolóxicas dinámicas e innovadoras de última xeración.
A
presentación desenvolveuse durante un obradoiro práctico que tivo lugar no
Colexio Junior´s de Santiago e no que participaron profesionais
relacionados co ensino, coa investigación e coa xestión dos centros. Nas
prácticas participaron especialistas en solucións e en programas e
aplicacións para a educación, para o que contaron co apoio da empresa especializada en solucións integrais de
comunicación FOGA.