
A directora do Instituto de Estudos Turísticos de Galicia, Rosanna López Salgueiro, presentou hoxe en Vigo, no Centro de Formación de Hostalería de Pontevedra, esta ferramenta e destacou que “grazas a ela, os pequenos establecementos turísticos da provincia de Pontevedra poderán ser xestionados como as empresas fundamentais que constitúen para o entramado turístico da nosa comunidade”. Engadiu que os obxectivos marcáronse en función dunha dobre necesidade que se detectou. Por unha parte a precisada polo propio sector hoteleiro de Galicia, que manifestou as dificultades que tiña á fronte dos seus negocios para a introdución de novas tecnoloxías de xestión ante a inexistencia dunha aplicación operativa. Por outra a manifestada pola propia Administración Turística, que recolleu no seu Plan de Acción do Turismo de Galicia 2010-2013 como prioritario o apoio ás empresas na aplicación de tecnoloxías para o propio desenvolvemento.
Así polo tanto, este software, de acceso libre, que está sendo presentado nas principais cidades galegas aos membros do sector turístico que poderán presenciar unha clase práctica para aprender a utilizalo e aplicalo nos seus negocios. Os principais beneficios que reportará aos hostaleiros serán: contar cun sistema de xestión sen realizar un desembolso económico porque non require pago de licencias e non ter restricións para a súa modificación, porque é un sistema de código aberto que permite ao hostaleiro adaptar o dispositivo ás necesidades específicas da súa empresa.
Ademais é un código independente do sistema operativo que posibilita a xestión de todo o ciclo de vida da reserva, e dende que o cliente chama ata a facturación final. É sinxelo, áxil e intuitivo no uso, polo que se aprende axiña, e facilita a coordinación con diferentes entidades e organismos estatísticos.
O software está dispoñible a través das asociacións de hostalería e tamén a través do Instituto de Estudos Turísticos de Galicia.
Presentan en Vigo unha solución de software libre para establecementos turísticos
Compartir Este Artigo
