R sobe de 500 Mb a 1 Gb os seus plans de datos móbiles
martes, 30 de abril do 2013
Os usuarios das tarifas móbiles de R cos plans de datos máis cativos están de parabéns, pois o
operador galego de telecomunicacións vén de dar conta da mellora do seu servizo
ampliando o volume de tráfico que inclúe nas súas tarifas mini+internet,
plana
200 24h e plana
mini a máxima velocidade de
500 Mb a 1 Gb, sen custo adicional para os seus clientes e de aplicación
automática a partir do 20 de maio para clientes particulares e do 1 de xuño
para profesionais e negocios.
Con esta mellora R consegue manter a competitividade das súas tarifas móbiles
máis baixas con acceso á Rede, estando á altura de moitos Operadores Móbiles
Virtuais que están a apostar por incluÃr acceso á Rede nas súas tarifas de
menos de 10 euros/mes como reclamo para captar clientes, aÃnda que no caso do
operador galego cómpre destacar que as condicións poden resultar aÃnda máis
vantaxosas, por poder combinarse con produtos domésticos da compañÃa, coa
conseguinte bonificación por parte da compañÃa.
