Rede Aberta consegue proxección europea

luns, 23 de febreiro do 2026 Redacción

A compañía compostelá Rede Aberta foi seleccionada como adxudicataria dun novo proxecto cofinanciado polo programa CEF Digital, reforzando así o seu compromiso coa mellora da conectividade no eixe atlántico europeo.
O corredor atlántico constitúe unha infraestrutura estratéxica para as conexións dixitais do continente, mais aínda presenta carencias en materia de rede terrestre de alta capacidade. A iniciativa permitirá preparar o estudo dunha nova rede troncal de preto de 2.000 quilómetros, que conectará as principais cidades atlánticas e analizará posibles extensións cara a zonas rurais, co obxectivo de avanzar cara a unha conectividade máis inclusiva.
Baixo a denominación North-West Atlantic Iberian Ring – Atlantic Arc, o proxecto centrarse na análise e deseño de novas rutas que reforcen a interconexión transfronteiriza entre Portugal, España e Francia. O corredor enlazará Sines, Lisboa e Porto con Vigo, A Coruña, Xixón, Santander e Bilbao, estendéndose ata Baiona e culminando en Bordeos. Deste xeito, contribuirá ao fortalecemento dunha rede interconectada e aliñada cos obxectivos da Unión Europea en materia de infraestruturas dixitais.
Desde Rede Aberta sinalan que afrontan esta nova etapa cunha xestión responsable e en estreita colaboración coa entidade financiadora, coa finalidade de optimizar os resultados do proxecto. A iniciativa supón un paso decisivo cara a un corredor dixital máis resiliente, competitivo e preparado para os retos de futuro en toda a rexión atlántica.