Ricardo Cao e Fermín Navarrina, candidatos a reitor da Universidade da Coruña

xoves, 16 de novembro do 2023 S. P.

O catedrático da UDC Ricardo Cao

A Universidade da Coruña vén de facer pública a proclamación de Ricardo José Cao Abad e Fermín Luis Navarrina Martínez como candidatos provisorios a reitor das vindeiras eleccións, que serán o día 4 de decembro. Ricardo Cao é investigador do Centro de Investigación TIC (CITIC) da UDC e profesor de Estatística e Investigación de Operacións da Universidade da Coruña desde 1991, amais de ser o coordinador do Grupo de investigación Modelización, Optimización e Inferencia Estatística.

O catedrático da UDC Fermín Navarrina

Pola súa banda, Fermin Navarrina é membro do Grupo de investigación Grupo de Métodos Numéricos en Enxeñaría, amais de catedrático da Escola de Camiños.
De acordo co calendario electoral, as candidaturas serán definitivas, logo do período de reclamacións, o día 22 de novembro. Ao día seguinte, 23 de novembro, abrirase a campaña electoral que se estenderá ata o día 1 de decembro.
As eleccións, o día 4 de decembro, serán telemáticas en horario de 10:00 a 19:00 horas. Poderán votar mediante elección directa e sufraxio universal, os membros da comunidade universitaria (profesorado, alumnado e persoal de administración e servizos). Están chamados á urna dixital un total de 18.760 votantes.

PUBLICIDADE