Richard Stallman e Carlos Jean estarán no V Congreso Internacional de AJE Galicia

martes, 5 de xuño do 2012 Marcus Fernández

Os vindeiros días 5 e 6 de xullo terá lugar en Vigo a V edición do Congreso Internacional Joven Empresario organizador por AJE Galicia, asociación de carácter autonómico dedicada a apoiar as vocacións empresariais que para esta edición quere centrar o evento no talento creativo en rede.
O Congreso quere recoñecer e impulsar aos novos talentos empresariais e crear un espazo común de compartición de experiencias e coñecemento, aberto á participación de empresarios de diversas áreas e países cos que AJE ten unha estreita relación. Para tal fin disporanse de distintos espazos de networking e conversa a través dos almorzos e ceas que se desenvolverán ao acubillo do encontro que terá lugar no Auditorio do Pazo de Congresos Mar de Vigo.
A inscrición ao Congreso xa está aberta, sendo preciso lembrar que os socios de AJE Galicia poderán acollerse a descontos (detalle que pretende animar a moitos dos asistentes a asociarse).
A edición deste ano contará con oradores de luxo como Richard Stallman, Carlos Jean, Miguel Silva, Javier Pedreira Wicho ou Eduardo Arcos, que repartirán as súas participacións con respecto ao programa do evento:

XOVES, 5 DE XULLO
10:00 - Mesa redonda de emprendemento: Representantes de IGAPE, CZFV, Enisa, Concello de Vigo e AJE Galicia
11:20 - Man a man Realidades emprendedoras, novas tecnoloxías e como motivarse para lanzalas: Miguel Silva (Blusens) e Manuel Montes (Dnet)
12:10 - Redes de colaboración entre empresas: Natalia Fernández Laviada (Fraternidad Muprespa) e Pablo Louro Carballeira (Gadisa)
12:30 - Jesús Calleja
17:00 - Caso de éxito (por confirmar)
17:40 - Man a man Traxectorias: Pilar Rodríguez (Pili Carrera) e Richard Taunton (American Express, Abott Laboratories, Dow Chemical e Grupo Coren)
18:20 - Man a man O futuro das comunicacións na Internet: Javier Pedreira Wicho (Microsiervos) e Eduardo Arcos (Hipertextual)
19:10 - Innovación e creatividade 2.0: Carlos Jean
VENRES, 6 DE XULLO
9:30 - Obradoiros de emprendemento e networking
11:20 - (por confirmar)
12:30 - Novos modelos tecnolóxicos: Richard Stallman