Rocket League chega a dispositivos móbiles
martes, 30 de novembro do 2021
No
verán de 2015 estreouse dentro de PlayStation Plus o xogo Rocket League,
que mestura mecánicas do fútbol con coches con motores a reacción, proposta
orixinal que converteuno rapidamente en todo un fenómeno que foi trasladándose
paulatinamente a outras plataformas e que agora dá un salto máis con Rocket
League Sideswipe, xogo que podemos descargar
para iOS e para
Android, e que traslada a dispositivos móbiles a esencia dos futcoches.
Con Rocket League Sideswipe podemos botar partidas dun dous minutos de
duración e case calquera lugar, que poderán ser de 1 contra 1 ou de 2 contra 2,
que poderán ser partidos privados cos amigos ou competitivos en liña con xogadores
de todo o mundo para progresar na clasificación mundial.
O xogo é apto tanto para xogadores experimentados como para novos xogadores, e
permite desbloquear obxectos de Rocket Pass xogando partidos en liña, con novos
obxectos cada tempada, animando así aos usuarios a ascender nos modos competitivos
de cada tempada. Tamén ofrece opcións de personalización dos vehículos, para
que sexan recoñecibles no terreo de xogo. Estamos ante un xogo de balde, que precisa
de pagamentos para o Rocket Pass e as opcións cosmeticas.
Como curiosidade, non só será posible xogar no modo que imita ao fútbol, senón
que tamén conta co modo baloncesto da versión de consolas.
Tráiler de Rocket League Sideswipe