Samsung presenta un Ultrabook con pantalla táctil para Windows 8
martes, 16 de outubro do 2012
Continuamos coas presentacións de equipos que sairán á venda
de cara ao lanzamento do Windows 8, pensando principalmente en tirar proveito
das súas posibilidades de control táctil, e Samsung quere posicionarse ben
nesta nova explosión de produtos, de aà que presente un atractiva liña de
ordenadores portátiles, a Serie
5 do Ultra Touch Windows 8, equipo con pantalla táctil de 13 polgadas cunha
resolución de 1.366 x 768 pÃxeles, 4 Gb de RAM e 500 Gb de disco duro con 24 Gb
de ExpressCache que cos seus 1,7 quilos de peso e un prezo de 809,99 dólares
para o modelo con procesador Intel Core i3 pode converterse nun duro rival para
o MacBook Air.
Samsung tamén fixou os prezos dos tablets Ativ Smart PC 500T e 700T, que
custarán 749,99 e 1.199,99 dólares respectivamente, ofrecendo un Windows 8
completo grazas a que o modelo máis básico vén cun procesador Atom Z2760, 2 Gb
de RAM e 64 Gb de SSD, mentres que o seu irmán maior funciona cun procesador
Intel Core i5, 4 Gb de RAM e 128 Gb de SSD (o que permitirÃa unha experiencia
comparable ao dun ordenador portátil completo).