Steve Jobs terá unha moeda de dólar conmemorativa

luns, 24 de febreiro do 2025 Marcus Fernández

Tal día coma hoxe en 1955 nacía Steve Jobs en San Francisco, e coincidindo coa proximidade desta data presentáronse os deseños candidatos propostos polo Estado de California para unha das moedas conmemorativa de 1 dólar que se lanzan cada ano para salientar contribucións á innovación nos EE.UU., e que en 2026 lucirá a imaxe do cofundador de Apple (tamén é salientable que a proposta do Estado de Wisconsin tamén vaian ter unha moeda destacando o superordenador CRAY-1).
Ao longo deste ano decidirase cal dos deseños propostos se incluirá entre as 4 moedas conmemorativas de 2026, ou sexa, que falamos de moedas de colección, que non se porán en circulación, e que poderán mercarse en distintos formatos, aínda que en unidades limitadas.
Habitualmente é doado facerse incluso con moedas de anos anteriores dende a súa páxina web oficial, pero no caso da moeda de Steve Jobs é bastante probable que se esgote rapidamente dado o culto que hai cara a súa imaxe e á propia marca de Apple.