TICgal desenvolve un chatbot chamado Uxía

luns, 11 de decembro do 2023 Marcus Fernández

A compañía tecnolóxica pontevedresa TICgal vén de integrar na súa páxina web un chatbot impulsado por intelixencia artificial chamado Uxía, coa que os usuarios poden interactuar en español, inglés e galego, operando como un sistema de atención ao cliente automatizado, que aínda está nunha fase de aprendizaxe, polo que dista de ser unha tecnoloxía perfecta.
Uxía destaca pola súa integración do sistema GLPI de TICgal, ou sexa, que o que podemos ver dende fóra é un chatbot moi básico, mentres que para usuarios identificados ofrece respostas máis completas, xa que coñece ao usuario co que está a relacionarse, conservando un historial de conversas para unha mellor resposta e poden escalar as peticións cando sexa preciso.
TICgal pretende evolucionar esta solución para dotala de comunicacións omnicanle, de xeito que, aparte de un chatbot vía web no futuro podería atender tamén consultas a través de plataformas como Telegram, WhatsApp ou Microsoft Teams.

Vídeo de presentación de Uxía

PUBLICIDADE