Telegram supera os 500 millóns de usuarios

mércores, 13 de xaneiro do 2021 Marcus Fernández

Os cambios nas condicións de uso de WhatsApp, aínda que practicamente non afectan aos usuarios europeos, volveron pór o foco no feito de que a ferramenta de mensaxería máis popular a nivel mundial pertence a Facebook, compañía que inspira moi pouca confianza, o que provocou que bastantes usuarios quixesen probar alternativas como Signal ou Telegram e, precisamente esta última plataforma recoñece que en só tres días recibiron 25 millóns de novos usuarios, facilitando así a superación dos 500 millóns de usuarios activos.
Pero aínda que o número de usuarios activos de Telegram sexa bastante elevado, o nivel de compromiso non é o mesmo que o de WhatsApp, xa que esta última plataforma supera os 2.000 millóns de usuarios, polo que na práctica e o servizo sucesor das mensaxes de texto tradicionais en moitos mercados (como o español), de aí que os usuarios teñan difícil evitalo, pois unha migración total a Telegram resulta imposible xa que habería que convencer a todos os nosos contactos para que fixesen iso mesmo se non queremos quedar desconectados deles.

PUBLICIDADE