The Net Room introducirá á impresión 3D na Coruña
martes, 6 de maio do 2014
Tras a celebración dunha concorrida primeira
edición de The Net Room no Hotel Moure de Santiago de Compostela coa
presenza estelar de Pedro Serrahima, director xeral de Pepephone, este evento
organizado por MarÃa Mosquera e Laura Camino retoma a actividade o vindeiro
sábado 24 de maio ás 12:00 horas, e nesta segunda edición volve a abordar un
tema de actualidade, e tras o anterior repaso ás estratexias e ferramentas de marketing low cost chega agora a
impresión 3D, tecnoloxÃa que xa non é un futurible, senón que a temos cada dÃa
máis presente.
A esta nova edición de The Net Room poderán
asistir ata un máximo de 40 persoas, para poder ver, tocar e coñecer as últimas
novidades en canto á impresión 3D, dende a perspectiva empresarial e a do código
aberto. Os encargados de introducir aos participantes neste ámbito serán Xoán
Sampaiño, apaixonado do hardware libre, e os responsables de Galiprint3D, primeira empresa galega de
impresoras 3D, que falará de como facer na casa unha impresora e dará conta das
tendencias e aplicacións en 3D que veremos nos vindeiros anos.
Este encontro desenvolverase na casa piloto da empresa galega de casas modulares Cube,
que estará situada na praza central do Centro Comercial Marineda City da Coruña,
cumprindo asà o obxectivo desta serie de eventos que busca celebrarse nunha
serie de ambientes acolledores e relaxados, para conseguir un contacto máis
directo entre relatores e roomers.
Os asistentes poderán reservar unha cita de asesoramento expreso de 10 minutos
cos expertos e gozarán dun vermouth
mentres fan networking co resto de
participantes por cortesÃa de Saborplace,
plataforma de comercio electrónico con produtos ecolóxicos e artesanais.
Os interesados en participar neste encontro poden formalizar a súa inscrición a
través da páxina web do evento, tendo esta actividade un prezo de 15 euros.
