Todo listo para o comezo do Congreso Big Data Coruña, este luns no CITIC
venres, 18 de outubro do 2019
A
vindeira semana as tecnoloxÃas para a análise da información a
gran escala (todos eses datos que se xeran cada segundo nos acubillos
dixitais, de gran interese para múltiples eidos de investigación e
ámbitos empresariais), van cobrar especial protagonismo na nosa
terra. O motivo? A
celebración, a partir das 9.00 horas do luns 21, da quinta edición
do Congreso Internacional Big Data Coruña. Será na sede do
CITIC no Campus de Elviña da Coruña. O evento abranguerá dúas
xornadas de actividades.
Segundo
informa o CITIC, ao longo de dous dÃas afondarase nos novos retos do
coñecemento inxente e das ferramentas que son quen de separar o útil
(o miolo da información) do que non o é, da man de expertos en
tecnoloxÃa e analÃtica de datos de nivel internacional. O evento
está dirixido tanto á comunidade académica e investigadora como a
empresas e organizacións, xa que o Big Data ten numerosas
aplicacións nunha ampla variedade de ámbitos.
O
congreso está organizado pola presidenta da Asociación Española
para a Intelixencia Artificial, catedrática de Ciencias da
Computación e Intelixencia Artificial da UDC e investigadora do
CITIC, Amparo Alonso Betanzos; a coordinadora do Grao en Ciencia e
EnxeñerÃa de Datos e investigadora do CITIC, Bertha Guijarro; e o
investigador da área Big Data da University College London (UCL) e
director da área de investigación de DataSpartan, David MartÃnez.
A
mesa de apertura celebrarase luns 21 ás 9:00 h a cargo do reitor da
UDC, Julio Abalde Alonso, o director do CITIC, Manuel F. González
Penedo, e a organizadora do evento, Amparo Alonso. No Big Data Coruña
2019 colaboran a Rede Galega de TecnoloxÃas Cloud e Big Data para
HPC, o Centro de Investigación en TecnoloxÃas da Información e as
Comunicacións (CITIC) da UDC e a Facultade de Informática da
Universidade da Coruña.
