Trump aproba a creación dunha Reserva Estratéxica de Bitcoin
venres, 7 de marzo do 2025
O presidente dos EE.UU., Donald J. Trump, vén de asinar unha orde executiva que establece a creación dunha Reserva Estratéxica de Bitcoin, que custodiará todas as unidades da criptomoeda BTC do Departamento do Tesouro, establecendo tamén un prazo de 30 dÃas para que as axencias que teñan algún bitcoin o transfiran á SecretarÃa do Tesouro para o seu depósito na nova reserva coa orde de non vender as criptomoedas e mantelas como un activo de reserva (como se facÃa tradicionalmente co ouro).
Preténdese que este fondo non se financie con cartos dos impostos, senón que se nutra de criptomoedas incautadas en distintas causas civÃs e criminais.
Estamos ante unha medida que semella principalmente estética, indicando o apoio da Administración actual aos activos dixitais, o que confÃan que contribúa a mellorar a confianza ante un sector moi polémico, no que cada vez hai máis calotes, que nos últimos tempos incluso estiveron ligados ao presidente da Arxentina, Javier Milei, e á propia primeira dama dos EE.UU. (quen lanzou unha memecoin chamada $MELANIA), deixando en evidencia os perigos da falla de regulación que promove Trump.