Tuenti incorpora bonos de datos ás súas tarifas de prepagamento
mércores, 15 de febreiro do 2012
Entre a mocidade continúa a ser habitual o uso de telefonÃa
móbil de prepagamento, o que non é incompatible con querer gozar de acceso a
Internet dende os seus dispositivos, e atendendo a iso o operador virtual móbil
(OMV) de Tuenti estrea bonos
mensuais de datos de 1 e 3 Gb por 6 e 15 euros/mes respectivamente,
ofrecendo de balde o primeiro bono de 1 Gb durante a activación das tarxetas SIM de Tú (o que precisa
dunha recarga de 10 euros). Os bonos renovaranse automaticamente ata que o
usuario decida cancelar a subscrición.
Os usuarios que gocen desta tarxeta SIM tamén terán unhas tarifas bastante
atractivas, pois permite chamadas nacionais a calquera operador por 3
céntimos/minuto (cun establecemento de chamada de 15 céntimos), mensaxes de
texto a 8 céntimos e cada Mbyte da datos fóra de bono custarÃa 8 céntimos.
É de agardar que nas vindeiras semanas lancen unha promoción semellante para
usuarios de contrato, aÃnda que en calquera caso resulta bastante atractiva a
oferta deste operador por achegar terminais subvencionados a prezos moi
atractivos, pois parte dun smartphone ZTE Racer II por 49 euros (59 euros
se incluÃmos a primeira recarga).
