Turismo de Galicia estrea aplicación para Android do Camiño de Santiago
mércores, 4 de maio do 2016
No marco do proxecto Smart Camiño nace a aplicación móbil do
Camiño de Santiago da Axencia de Turismo de Galicia, que ten como obxectivo acompañar aos
peregrinos na súa viaxe a Compostela e ser a súa guÃa, e que xa está dispoñible
para a súa descarga en Google Play.
A través desta nova aplicación móbil os peregrinos poden
obter información sobre todas as rutas oficiais do Camiño de Santiago desde a
súa entrada en Galicia: Camiño Francés, Ruta Fisterra-MuxÃa, VÃa da Prata,
Camiño Portugués, Camiño Inglés, Camiño Primitivo, Camiño do Norte, Ruta do Mar
de Arousa e RÃo Ulla, e Camiño de Inverno.
Os peregrinos dispoñen, asÃ, en tempo real, de toda a
información que necesiten en cada momento sobre os trazados oficiais das rutas
xacobeas, a Rede Pública de Albergues coas súas caracterÃsticas, horarios,
localización, teléfono e fotografÃas; información sobre os eventos culturais; asÃ
como información detallada de todos os recursos turÃsticos (descrición,
localización e imaxes). Tamén poderán consultar nela onde comer, onde aloxarse
e que visitar en cada un dos tramos do Camiño coñecendo a ampla oferta dos
establecementos turÃsticos cos que conta.
Esta ferramenta móbil non esquece a información
meteorolóxica ofrecida por Meteogalicia, asà como datos de contacto e enderezo
dos centros de saúde e emerxencias e, aparte de todas esta información de
utilidade moi directa, tamén inclúe funcionalidades como o apartado Meu diario, no que os peregrinos poden
gardar os momentos máis importantes do camiño a través de notas de texto e
fotografÃas para poder crear logo o seu libro dixital no
espazo web A Miña Experiencia.
A aplicación está localizada ao galego, español e
inglés, podendo empregarse boa parte das súas funcións sen precisar de
cobertura no móbil.
