Twitter viviu hoxe unha xornada especial, non só polo intenso movemento que tivo co gallo do Mundial de Fútbol ou do acto de abdicación de Juan Carlos I, senón polo feito de que a súa páxina web e as súas aplicacións para iOS e Android incorporaron a posibilidade de poder ver directamente nas cronoloxías imaxes GIF animadas, aínda que nas versións móbiles será preciso abrir un chío en concreto para iniciar a súa reprodución, evitando así unha descarga dun ficheiro pesado.
Estamos ante a resposta a unha demanda histórica dentro de Twitter, pero cómpre destacar que iso non supón que vaia poder empregarse masivamente dende agora, pois cómpre destacar que actualmente só está dispoñible a través dunhas poucas aplicacións, polo que sería recomendable agardar uns meses antes de empregar esta funcionalidade con normalidade, dando así tempo ás numerosas aplicacións móbiles que permiten acceder a Twitter a actualizarse para aceptar estas imaxes animadas (de feito, a aplicación de TweetDeck, pese a ser do propio Twitter, aínda non reproduce animacións en GIF).
Twitter incorpora soporte nativo de animacións en formato GIF
Compartir Este Artigo
