Levamos meses escoitando falar da posibilidade de que Twitter introduza unha modalidade de pagamento e finalmente inician as probas do que responderá ao nome de Twitter Blue, un servizo que terá un prezo mensual de 3,49 dólares canadenses ou 4,49 dólares australianos (ou sexa, que só estará dispoñible de inicio en Canadá e Australia), o que dará acceso a características exclusivas.
Nesta primeira versión Twitter Blue permitirá que organizar os Marcadores en cartafoles, facilitando así a organización dos nosos chíos favoritos; activan a opción de desfacer chío (que iniciaría unha conta atrás de ata 30 segundos para permitir corrixir un chío antes da súa publicación definitiva); e estrea un Modo Lector que está pensado para facer máis doada a lectura de fíos longos.
Adicionalmente os subscritores de Twitter Blue poderán acceder a recompensas como iconas de aplicación personalizables, temas para personalizar os aspecto da aplicación de Twitter e incluso un servizos dedicado de atención ao cliente.
Twitter proba opcións de pagamento
Compartir Este Artigo
