Ubisoft anuncia o seu servizo de subscrición de videoxogos
luns, 10 de xuño do 2019
Os servizos de subscrición de videoxogos semella que son a
tendencia a seguir, e ao igual que Microsoft
reforza o seu Game Pass (e achégao ao PC) e Electronic
Arts leva preto dun ano ofrecendo Origin Acess Premier a ordenadores persoais,
temos que Ubisoft aproveitou o E3 para anunciar Uplay+, un servizo de subscrición de
xogos para PC que botará a andar o 3 de setembro ofrecendo máis dun cento
de xogos que combinan clásicos con últimas novidades.
Este servizo que custará 14,99 euros/mes facilitará o acceso aos novos
lanzamentos 3 dÃas antes da súa chegada ás tendas, facilitará o acceso ás betas,
contará coas edicións premium dos seus xogos e poderá cancelarse en
calquera momento.
Amais, quen se rexistre antes do 15 de agosto poderá gozar de acceso de balde a
Uplay+ entre o 3 e o 30 de setembro, o que supón unha magnÃfica oportunidade
para comprobar a calidade deste catálogo que conta con xogos como Assassin’s
Creed Odyssey, Ghost Recon Breakpoint, The Division 2, Watch
Dogs Legion, Trials Rising, Far Cry 5, For Honor, The
Crew 2 e moitos outros.
Uplay+ para Stadia
Pero o curioso de Uplay+ é que, pese a anunciarse como un servizo de subscrición para PC, dende Google adiantaron que tamén estará dispoñible para Stadia, ou sexa, que o servizo de streaming de videoxogos de Google non se limitará a xogos comprados, senón que tamén estará aberto a catálogos de xogos en subscrición, o que non só terÃa como vantaxe o non precisar de equipos potentes para gozar de grandes xogos, senón tamén de librar da molestia da descarga e instalación dos xogos, que poderán executarse practicamente ao instante.
VÃdeo de presentación de Uplay+