Electronic Arts estrea unha tarifa plana de xogos para PC que inclúe novos lanzamentos
martes, 31 de xullo do 2018
A primeiros de 2016 Electronic Arts estreou un
servizo de xogos en subscrición chamado Origin Access, que viña ser unha réplica
do servizo
EA Access exclusivo de Xbox One, ofrecendo aos usuarios de PC a
posibilidade de gozar dun catálogo de xogos rotatorio en tarifa plana e a
posibilidade de gozar de xeito anticipado dos grandes lanzamentos da compañÃa,
e agora van un paso máis adiante e presentan
Origin Access Premier, mellora da subscrición anterior, que achega tamén os
tÃtulos supervendas.
Temos asà un servizo que por 14,99 euros/mes ou 99,99 euros/ano ofrece o acceso
completo aos principais xogos de Electronic Arts dende o seu lanzamento (ou
incluso antes) o que permitirá gozar xa de xogos como Los Sims 4, Star Wars: Battlefront II, FIFA 18, A Way Out, Fe ou Unravel Two, e que, segundo vaian saÃndo, incorporará tamén a FIFA 19, Battlefield V e Anthem
nas súas edicións de luxo (valoradas en 79,95 euros cada unha).
Os subscritores de Origin Access
Premier tamén poderán acceder aos xogos de xeito anticipado e participar
nas súas versións de proba, ou sexa, que son moitas as vantaxes para os
incondicionais dos xogos de Electronic Arts. Aparte do catálogo rotatorio de
xogos (actualmente con 129 tÃtulos) tamén é posible mercar xogos da tenda dixital
de Origin cun 10% de desconto.
Os usuarios que se conformen con acceder aos xogos uns meses despois do seu
lanzamento poderán seguir a subscribir Origin Access Basic, que por 3,99 euros/mes ou 24,99 euros/ano ofrece case o
mesmo catálogo de xogos que a versión Premier, agás media ducia de novidades e
coa limitación adicional de que os xogos estarÃan na súa versión estándar (en vez da edición de luxo con
contidos adicionais e expansións) e os accesos anticipados aos vindeiros lanzamentos
só permitirÃan probalos durante 10 horas.