Un exposición en Sada ilustrará a chegada da informática e os videoxogos aos fogares
venres, 11 de setembro do 2015
Tras unha apresurada sexta
edición de RetroCoruña o pasado mes de decembro, e tras xurdir
complicacións persoais para a organización do evento, anuncian que este ano non
teremos unha nova edición da feira da informática retro en Sada, de xeito que a sétima
edición celebrarÃase a primeiros de setembro de 2016, recuperando o
espÃrito de verán das primeiras cinco edicións.
Para non deixar este ano sen a habitual dose de retroinformática, o 26 de setembro de 12:00 a 19:00 horas
desenvolverase no andar baixo da OMIX do Concello de Sada a exposición Informática e videoxogos chegan aos fogares
(anos 70-80-90) na que poderase ver unha coidada selección de equipos da colección de José Ortigueira,
considerada a máis completa de España no que a ordenadores de 8 bits se refire.
A exposición divÃdese en dúas áreas diferenciadas: por unha banda estarán ordenadores
da Europa do Leste (concretamente de Alemaña Oriental, URSS e HungrÃa) que nos
anos 80-90 conseguiron construÃr unha identidade e historia de seu; e por outra
banda haberá unha zona na que poderá verse a evolución do videoxogo doméstico,
dende as primeiras consolas aparecidas nos anos 70 ata o boom do PC, cando apareceron as primeiras tarxetas gráficas con
aceleración 3D.
