Un proxecto anti-pandemia do CITIC obtén financiamento do Conecta COVID da GAIN
martes, 21 de decembro do 2021
O
Centro de Investigación TIC da Universidade da Coruña (CITIC) vén
de obter o apoio da Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de
Innovación (a axencia GAIN), para o desenvolvemento dun proxecto de
I+D+i orientado a facer fronte á pandemia no marco do programa das
axudas Conecta COVID. Das 24 solicitudes presentadas, unicamente
obtiveron financiamento 9 propostas.
O
proxecto do CITIC seleccionado, denominado CO3 (Cosmética activa
contra os coronavirus, solución a longo prazo), obtivo
financiamento de máis de 77.000 euros e está dirixido na UDC
pola investigadora do CITIC Susana Ladra. Pretende, en función dunha
mestura sinérxica complexa de ingredientes naturais, desenvolver
produtos de cosmética de mans e facial con capacidade antiviral de
amplo espectro.
Todos
os proxectos seleccionados están aliñados cos obxectivos dos Hubs
Galegos de Innovación Dixital, DIHGIGAL e DATAlife, ambos os dous
axentes colaboradores na convocatoria e no desenvolvemento do
programa de axudas que fomenta tamén a Estratexia de Especialización
Intelixente (RIS3) de Galicia.