Un total de 22 propostas finalistas aspiran a gañar os Premios Youtubeiras 2022
mércores, 21 de decembro do 2022
Os
Premios Youtubeiras, organizados polos servizos de normalización
lingüística de doce concellos, das tres universidades e da
Deputación da Coruña, xa teñen finalistas para os seus oito
premios. En total, 22 serán as propostas que disputarán os
galardóns desta sexta edición, que dará a coñecer o seu palmarés
o 28 de xaneiro. Ese día, o Pazo da Cultura de Carballo acollerá a
gala de entrega destas distincións, que teñen o obxectivo de encher
as redes sociais (especialmente YouTube) de contidos audiovisuais na
nosa lingua. A actriz e narradora oral Cristina Collazo será a
presentadora e Laura Lamontagne & PicoAmperio encargaranse de lle
pór música ao evento.
A
organización de Youtubeiras destaca a concorrencia acadada neste
2022. Presentáronse a concurso 74 canles. A organización tamén
salienta que 45 delas non se inscribiran con anterioridade aos
premios e “gran parte son de recente creación”. Ademais, destaca
que a cifra deste ano duplica a que se logrou en 2021, edición na
que se postularon 38 canles.
Aos
datos devanditos cómpre engadir as 39 canles que foron propostas por
usuarios e usuarias das redes sociais para o Premio do Público.
Dende
o punto de vista cualitativo, a organización e o xurado sinala “o
alto nivel técnico que se rexistrou”, así como “a diversidade
temática”, o “amplo rango de idades das persoas participantes”
e “o potencial para se converteren en referentes da rede galega”.
O
xurado desta sexta edición dos Premios Youtubeiras está conformado
por Mario Brión (Olaxonmario), gañador do Premio ao
Youtubeira/o do ano na edición anterior; Mónica Fernández
Valencia, técnica de normalización lingüística do Concello de
Ourense e coordinadora de Youtubeiras nas primeiras catro edicións;
Carmen Nieto, dinamizadora e formadora no eido das novas tecnoloxías;
Elvira Nercellas, estudante e integrante do Grupo por unha Medicina
Galega en Galego, e Alba Rodríguez, administrativa que deu a coñecer
o seu cambio de lingua a través de Twitter no ano 2018. Tras unha
complexa deliberación, decidiuse escoller como finalistas do Premio
Youtubeira/o do ano a Anxo
Sánchez,
neeumatiko
e La
Bisonte.
Na categoría de Canle,
as finalistas son Toxío,
Tonio
Cociña Galega
e Fica
coa bola.
O
galardón de Youtubeira/o Revelación
disputarase entre Marcos
Borrageros,
Histérikas
Histórikas
e Falemos
do Reino de Galicia,
mentres que o
premio ao
mellor Vídeo
decidirase entre A
Moura,
de Contos de Santalla, Bury
your gays (Enterra os
teus
homosexuais) - Investigación documental,
de Henfunk Studio, e Eduardita,
de Piratas sen parche.
O
galardón á Calidade
Lingüística
conta como finalistas con Falemos
do Reino de Galicia,
Webserie
Cóntallo a Cambados
e Media
Laranxa,
mentres que o Premio
Pioneiro
decidirase entre Noticias
Dispersas,
Gallifrey
Ceive
e Pingando-Laura
Veiga.
O Premio Rede, destinado a aquelas canles coa capacidade de tecer
comunidade, disputarase entre Proxecto
R.E.D.E.S,
A
Lobeira today
e Exército
Mekemeke.
Por
último, as
persoas finalistas ao Premio
do Público son BEMBIBRE
coas Tanxugueiras,
de Xabi Gómez; Mitos
e ritos do tempo de Defuntos. Conversa con Lidia Mariño,
da canle Orgullo Galego, e Eduardita,
de Piratas sen parche. Precisamente o vídeo Eduardita,
de Piratas sen parche, aspira a facerse con dous galardóns (Premio
do Público e Vídeo),
igual que Falemos do Reino de Galicia (Youtubeira/o Revelación
e Calidade
Lingüística).
7.500
euros en premios
Os
Premios Youtubeiras repartirán este ano 7.500 euros. Cada un dos
galardóns conta cunha dotación económica de 1.000 euros, agás o
Premio do Público, cuxa contía ascende a 500 euros. Será o xurado
quen decida finalmente a proposta gañadora en todas as categorías,
agás no Premio do Público. Este galardón concédese por votación
popular a través de medios dixitais e o xurado limitarase a dar fe
do reconto.
Youtubeiras é unha iniciativa organizada polos servizos de normalización lingüística dos concellos de Ames, A Baña, Carballo, O Grove, Moaña, Negreira, Pontevedra, Rianxo, Ribadeo, Rois, Santiago de Compostela e Teo, das universidades da Coruña, Santiago e Vigo e da Deputación da Coruña.