Tras chamar a atención da nosa comunidades con varias aplicacións centradas na lingua galega, dende Smart GalApps sorprenderon presentando Imos?, unha aplicación móbil de pagamento que funciona a xeito de guía social de Galicia e que conseguiu certa sona por facilitar a localización de furanchos, e agora sorprenden cun novo produto aínda máis específico: DosisPedia, unha aplicación móbil para médicos pediatras.
Esta nova ferramenta deseñada e desenvolvida por Smart GalApps ofrécese de balde grazas ao financiamento do Colexio Oficial de Médicos de Lugo, e pretende facilitar o día a día dos especialistas médicos que atenden aos máis cativos (pediatras, médicos de familia, médicos de urxencias, dentistas, dermatólogos…) xa que incorpora un completo número de medicamentos dispoñibles no mercado, dos que facilítase a dose que hai que subministrar ao pequeno en función do seu peso.

Estamos ante unha aplicación moi áxil e efectiva, á vez que fiable, xa que para a súa elaboración contouse co Equipo de Pediatría do Hospital da Costa. Neste momento está dispoñible para Android, e en poucas semanas estará tamén dispoñible para iPhone, e espera ser de grande utilidade para os profesionais da saúde.
Vídeo de presentación da nova aplicación móbil desenvolvida por Smart GalApps
Unha aplicación galega axuda aos sanitarios a prescribir medicamentos aos cativos
Compartir Este Artigo

