
Onyougo é un comparador de prezos que presume de ser insubornable, que conta cun catálogo de máis de 17 millóns de referencias nas que se atopan electrodomésticos, smartphones, produtos de cosmética, roupa, material deportivo, xoias, reloxos, produtos de alimentación… infinidade de produtos que podemos atopar en tendas en liña, localizando o prezo máis barato en poucos segundos, facilitando as nosas decisións de compra e permitíndonos así aforrar uns euros para chegar de xeito máis doado a fin de mes.
Empresa acelerada en Conector

As aplicacións estarán dispoñibles en galego
Actualmente Onyougo pode empregarse vía web, aínda que o xeito máis natural de uso serían as súas aplicacións móbiles, dispoñibles totalmente de balde na App Store e en Google Play, que na súa vindeira actualización incluirán soporte de galego e incluso está a preparar a súa adaptación a smartwatches. Aínda que Onyougo pode verse como un grande motor do comercio electrónico ao comparar prezos de máis de 2.000 tendas en liña, tamén pode potenciar a venda en establecementos físicos, xa que conta con preto de 80.000 tendas físicas xeolocalizadas, de xeito que cando atopa un resultado no móbil pode indicarnos a tenda máis próxima na que podemos atopar o produto que nos interesa, funcionalidade de grande utilidade para cando buscamos facernos rápido cun produto ou cando preferimos o comercio tradicional á hora de pechar as nosas compras.

