Unha aplicación móbil galega permite que os nenos falen con Santa Claus
mércores, 5 de decembro do 2018
Coa proximidade do Nadal cobra peso a aplicación móbil
Xmas Time, creada pola compañía
coruñesa Cunningo, e que permite que os nenos poidan vivir unha experiencia
real falando con Santa Claus a través dos seus dispositivos móbiles por videoconferencia.
Esta curiosa aplicación móbil establece unha comunicación en vídeo entre os
pequenos e os seus familiares, que asumen o papel de Santa mantendo unha
conversa en vivo con eles, de xeito que poden ver en todo momento a súa
reacción.
Para non rematar coa maxia do Nadal
os pícaros non saben que detrás do Santa Claus virtual están os seus proxenitores
ou outros familiares, xa que a aplicación móbil modifica a voz con catro
efectos diferentes, de xeito que o que escoitan é a misteriosa e máxica voz de
Santa.
Xmas Time consegue así que falar con
Papá Noel non sexa unha actividade limitada a centros comerciais en época de
Nadal, senón que poida achegarse ao ámbito doméstico dun xeito participativo e
divertido, que como incentivo moi especial ten que as videochamadas quedan
gravadas, de xeito que estes recordos poden gardarse para a posteridade.
Esta aplicación móbil galega pode descargase
de balde para iPhone e iPad, pero o seu uso é de pagamento, con tarifas que
parten dos 2,29 euros por quince minutos até 7,99 euros por un uso ilimitado
desta ferramenta que está dispoñible en 13 idiomas e que na súa versión de proba
conseguiu superar as 80.000 descargas.
Tamén está a prepararse unha nova aplicación móbil que ofrecerá unha
experiencia semellante de cara á Noite de Reis, que permitirá aos pequenos
manter unha videochamada co seu paxe favorito mentres os país procuran negociar
con eles unha carta de agasallos reducida.
Vídeo promocional de Xmas Time