Unha empresa galega lanza un simulador de pandeireta para iOS
mércores, 19 de decembro do 2012
O selo galego Taptil, especializado no desenvolvemento de
aplicacións móbiles para iOS e Android, está a sorprender cunha orixinal
ocorrencia que tiveron para celebrar o Nadal: a publicación
na App Store dun simulador de pandeireta para iPhone e iPad, que permite
tocar este tradicional instrumento en dispositivos móbiles para interpretar muiñeiras,
xotas, maneos ou pasodobres, coa posibilidade de empregar auriculares de
queremos adestrar en silencio no fogar.
- A aplicación está dispoñible para iPhone, iPod Touch e iPad
Pandeireta PRO fai uso de sons
gravados de pandeiretas reais, e está pensado para que calquera usuario poida
xogar a petar na pantalla do seu dispositivo móbil, riscar e mesmo abaneala
para poder escoitar o son das súas ferreñas virtuais.
Este divertido proxecto nace da colaboración das empresas Sixtema e Hacce
Soluciones, que unen esforzos baixo a marca Taptil para ofrecer solucións
como esta pequena mostra que busca facernos sorrir nestas datas, de aà que acompañen
o seu lanzamento cun simpático vÃdeo no que a aplicación Pandeireta PRO
anúnciase como se fose un produto de teletenda:
- A aplicación para iOS detecta o movemento para facer soar as ferreñas e tamén conta con distintas zonas sensibles para reproducir sons pregravados de pandeiretas reais