Unha nova aplicación galega achega imaxes meteorolóxicas aos nosos dispositivos móbiles
xoves, 27 de xuño do 2013
- Imaxes de Smart Weather na súa versión para iPhone
Smart GalApps estrea
hoxe unha nova
aplicación para dispositivos móbiles de Apple, que en breve contará con
versión para Android, que resulta de especial interese para os interesados na
meteoroloxÃa sen querer limitarse ás sinxelas predicións para a súa localidade,
facilitando a consulta de múltiples fontes informativas de todo o mundo.
Smart Weather facilita que o propio usuario prognostique o tempo que vai facer
a través de imaxes animadas de datos pasados (radar de chuvia, imaxes de
satélite, etc.) como nas imaxes de predición para os vindeiros dÃas,
facilitando tamén que esas imaxes poidan compartirse por correo electrónico ou
redes sociais.
Actualmente ofrece imaxes de radar de chuvia (de AEMET e MeteoGalicia), de
satélite (de AEMET, MeteoGalicia, IPMA e NOAA), de detección de raios (de
AEMET), de predición atmosférica (de MeteoGalcia) e de predición oceanográfica
(de MeteoGalicia), converténdose nunha sinxela ferramenta que facilita a
consulta destas imaxes dende o smartphone e o tablet. Dende Smart GalApps
aseguran que irán enriquecendo o conxunto de datos dispoñible dende esta aplicación
que podemos descargar completamente de balde.
- A predición de temperatura para a provincia da Coruña vista na versión para iPad da nova aplicación