Cada vez son máis as facilidades para poder acceder a contidos audiovisuais na Rede de xeito irregular, e contrastando coas páxinas webs de descargas a pasada noite estreouse a segunda beta de Popcorn Time, un híbrido entre cliente da rede P2P BitTorrent e reprodutor multimedia que facilita o acceso a centos de filmes por categorías ou mediante buscador que poderemos ver tras unha pequena espera , podendo incluso elixir entre subtítulos en varios idiomas (detalle do que carecía outras solucións semellantes).
Esta aplicación arxentina está dispoñible en varios idiomas (entre os que non faltan o español e o portugués), é totalmente de balde, carece de limitacións nas reproducións (precisando só dunha boa conexión á Internet) e prima a calidade de imaxe (os filmes catalogados están en alta definición).
Unha nova aplicación permite ver de balde películas en HD con subtítulos
Compartir Este Artigo

