Unha nova instalación permitirá gozar de xogos en VR na Coruña
mércores, 25 de setembro do 2024
O vindeiro venres estréase na cidade da Coruña unha instalación de Zero Latency, compañía especializada en xogos de realidade virtual nos que até 8 participantes comparten un espazo durante media hora de experiencia inmersiva.
Este novo establecemento situado na Sala Polivalente 3 de Hi Hub Coruña (o anterior centro comercial Los Cantones Village) permite somerxerse de xeito realista en videoxogos como Warhammer 40.000: Space Marine VR: Defenders of Avarax, Outbreak, Far Cry VR, Singularity, Undead Arena X2 e Engineerum + Undead Arena a un prezo de 24,95 euros/persoa, estando xa aberta a compra de entradas vía web.
As experiencias de Zero Latency contan con visores de VR modernos con tecnoloxía sen fíos, evitando cargar con mochilas como outras experiencias semellantes anteriores, conseguindo así unha maior inmersión e comodidade.
- Imaxe promocional do novo centro de Zero Latency na Coruña