Vodafone prepara a chegada da súa rede 4G á Coruña e Vigo
mércores, 4 de setembro do 2013
As redes de telefonÃa móbil de cuarta xeración continúan o
seu avance pola nosa xeografÃa, e un dos operadores que está a espallar a máis
velocidade a súa nova rede LTE é Vodafone, que en maio estreouse en 7 cidades
españolas e que finalmente
vai chegar a Galicia, pois veñen de confirmar que en setembro desembarcará
en Santander, A Coruña e Zaragoza e en outubro fará o mesmo en Córdoba, Vigo,
Murcia, Xixón e Oviedo. Espérase que nestas cidades a cobertura de 4G chegue ao 58% da poboación en
exteriores e ao 27% en interiores, mellorando paulatinamente para conseguir
espallarse ata un 70% en exteriores e un 40% en interiores xa no mes de
decembro.
AÃnda que inicialmente Vodafone tiña previsto cobrar pola mellora das conexións
3G a 4G, os actuais clientes de Vodafone con contratos que inclúan datos
móbiles poderán gozar da nova tecnoloxÃa móbil de balde, para o que deben
activar o servizo
Vodafone 4G nunha tenda Vodafone ou chamando ao servizo de atención ao
cliente.
Actualmente Vodafone ten no seu catálogo máis de 22 dispositivos que facilitan
a conexión a redes 4G, de xeito que os seus usuarios poderán gozar tanto das
maiores velocidades de transferencia de datos como da máis notable redución da
latencia das comunicacións, o que resulta crucial para actividades en tempo
real como videoxogos en comunicacións en liña.
Polo momento Vodafone está a empregar as bandas dos 1.800 e 2.600 MHz para
ofrecer 4G, polo que non espera á liberación da banda dos 800 MHz (ocupada
actualmente por varias canles de TDT) que será a que supoña un maior avance
desta tecnoloxÃa para o ano que vén, especialmente por permitir unha maior
penetración no interior dos edificios.

- Vodafone SmartPass precisa dunha aplicación para móbiles con NFC
Pagamentos dende o móbil
Vodafone España tamén está a anunciar estes dÃas que os
seus clientes poderán empregar Vodafone SmartPass antes de rematar o ano, o
que permitiralles facer pagamentos co móbil en máis de 250.000 establecementos
do Estado grazas a un acordo entre Vodafone e VISA, e que tamén permitirá o
transvase de saldo entre usuarios SmartPass con só saber o seu número de móbil.
Este novo sistema de pagamento aproveita a tecnoloxÃa NFC que teñen moitos dos
móbiles actuais, e precisará dunha aplicación que funciona a xeito de tarxeta
virtual (Vodafone SmartPass), aÃnda que os clientes de Vodafone que non conten
cun dispositivo deste tipo poderán solicitar unha tarxeta NFC que se adhire ao
móbil e o habilita para utilizar esta nova solución.
Fútbol, cine e series, tamén en dispositivos móbiles
Outro interesante anuncio de Vodafone é que vén de chegar a
un acordo estratéxico con Canal+ para ofrecer os contidos da plataforma en liña
Yomvi para que os seus clientes particulares poidan gozar dos contidos de Yomvi
a través de dispositivos móbiles (3G e 4G) e fixos (ADSL, VDSL e fibra).
O servizo de vÃdeo en liña e Canal+ está dispoñible a través de televisores
conectados, videoconsolas, tablets e smartphones, tanto con iOS como con
Android, que estivo a funcionando en probas nas últimas semanas e que agora
estrea en fase piloto as canles Canal+ Liga e Canal+ Liga de Campeones por 10
euros/mes + IVE; en xaneiro o servizo de Yomvi ofrecerá todos os seus contidos
para todos os clientes de telefonÃa móbil; e en marzo Canal+ Liga, Canal+ Liga
de Campeones, as series de televisión e o cine optimizaranse para o servizo de
fibra de Vodafone.
