WhatsApp prohibe os chatbots de terceiros
xoves, 23 de outubro do 2025
Nos últimos meses fomos vendo como diferentes chats baseados en intelixencia artificial como ChatGPT, Copilot e LuzIA ampliaban o seu alcance ofrecéndose aos usuarios a través de WhatsApp, de xeito que podÃan empregarse varias das súas funcionalidades sen ter que instalar aplicacións adicionais no móbil. Pero esta aventura rematará o vindeiro 15 de xaneiro, xa que WhatsApp mudou as súas condicións de uso para impedir os asistentes de IA de terceiros dentro da aplicación.
Ante esta situación, OpenAI, que asegura ter superado os 50 millóns de usuarios de ChatGPT a través de WhatsApp, laiase e recomenda aos usuarios a instalación da súa aplicación de seu. Tamén comentan que os usuarios que liguen a súa conversa de WhatsApp cunha conta de ChatGPT poderán conservar as conversas que tiveron co asistente de IA en WhatsApp.
A compañÃa española de IA LuzIA, que tamén captou millóns de usuarios a través de WhatsApp, seguro que non recibe ben esta nova, pois suporá unha caÃda brusca de usuarios ante a imposición de Meta AI como chatbot en WhatsApp, o que pode parecer un abuso de posición dominante por parte da compañÃa de Mark Zuckerberg.
